
- Este evento ha pasado.
Andaina Vilanova da Cerveira – Goián (Ser Baixo Miño)
abril 30 - 10:00 am - 2:00 pm
Gratuito
andaina popular
vilanova da cerveira - goián
Dificultade: Baixa
Long: 13km aprox
Tipo de ruta: lineal. O bus levaranos ao punto de inicio
Ruta a pé
A RUTA
Descubre a Ecopista do MIño nesta Andaina Popular desde
Vilanova da Cerveira ata Goián (Tomiño).

Ser Baixo Miño, xunto con Interreg España-Portugal, Deputación de Pontevedra, Cim Alto Minho e a AECT Rio Minho, organizan esta Andaina Popular para gozar das paisaxes que nos ofrecen as beiras do Río Miño.
O percorrido autoguiado comezará en São Sebastião, (Vilanova de Cerveira), e continuará ao longo da Ecopista do Miño ata Goián (Tomiño), cruzando o Río Miño por unha das súas pontes internacionais. Ao longo do camiño, poderemos gozar de impresionantes vistas sobre o río Miño e as paisaxes que o rodean.
A ruta é de dificultade baixa e exténdese ao longo duns 15 quilómetros. O camiño da Ecopista é chan, polo que poden facelo senderistas de todos os niveis. O percorrido terá unha duración aproximada de 4 horas.
Durante o camiño, poderemos disfrutar dun agradabel paseo entre viñas e campos de cultivo a través dos cais conseguiremos conectar co Río Miño. Ademais, poderemos explorar praias fluviais e ínsulas que forman parte da Rede Natura 2000, e descubrir o rico patrimonio que se extende ao longo do camiño.
A ruta estará sinalizada sobre o terreo para poder seguila sen problemas. Ademais, daremos a cada participante un enlace á aplicación Wikiloc desde onde poder seguir a ruta cómodamente co móbil.
Importante: Cada reserva está limitada a un máximo de 4 persoas (dous adultos e dous nenos)
ACTIVIDADE GRATUITA
INCLÚE
Transporte de regreso, ruta sinalizada, seguro de accidentes e responsabilidade civil.
PUNTO DE ENCONTRO
RECOMENDACIONS
- Llevar agua para la ruta
- Llevar algo de picar como froitos secos, froita, chocolate, etc.
- Calzado deportivo cómodo ou deportivas de sendeirismo
- Roupa cómoda
- Crema de sol e protección solar
IMPORTANTE
O día anterior á ruta enviaremos un email con detalles da mesma, punto de encontro, recomendacións de última hora, e outra información relevante.
Para máis información ou dúbidas, podes consultarnos en reservas@voltamontana.com
Volta Montana reservase o dereito de cancelar e/ou modificar a actividade (horarios, percorridos, etc.) en función das condicións meteorolóxicas, loxística, ou por outra causa de forza maior, avisando sempre previamente aos participantes.
actividadE gratuita
DATA INICIO
30 de abril, 10.00h
DATA FINALIZACIÓN
30 de abril, 14.00h aprox.
LOCALIZACIÓN
Tomiño-Vilanova da Cerveira
PUNTO DE ENCONTRO
Goián, Tomiño
reservas@voltamontana.com
Detalles
- Fecha:
- abril 30
- Hora:
-
10:00 am - 2:00 pm
- Precio:
- Gratuito
- Categorías del Evento:
- Rutas de Senderismo, senderismo
- Etiquetas del Evento:
- aect rio minho, andaiana san sebastiao a goian, andaina sao sebastiao, anel verde rio minho, anel verde rio miño, cadena ser, cim alto minho, deputacion de pontevedra, deputacion pontevedra, goian, radio vido cadena ser, radio vigo, ser baixo miño, tomiño, vilanvoa da cerveira
Local
- Vilanova da Cerveira
- Portugal
No te preocupes, sólo usaremos estos datos para comunicarnos contigo en referencia a este viaje.