Volvemos a celebrar o magosto en Allariz! Senderismo, historia e magosto na fermosa vila de Allariz.
Podes escoller entre as dúas seguintes opcións:
1. Soamente Ruta lineal dende a mítica Santa Mariña Augas Santas ata Allariz, pasando pola sauna castrexa de Armeá. Ruta interpreta por Fran Alonso.
2. A Ruta + Magosto en Allariz
A RUTA
Pola mañá faremos unha ruta lineal de uns 10km, acompañados polo historiador Fran Alonso, que nos levará de Santa Mariña de Augas Santas ata Allariz, incluindo o Roteiro arqueolóxico de Armeá. Percorreremos antigas carballeiras, igrexas románicas, criptas e saunas castrexas, castros e villas romanas. Nun lugar onde cada pedra, cada lugar, ten unha historia que contar, un lugar sacro, onde a historia da primeira mártir cristiá galega entronca cos rituais castrexos. Un lugar cunha maxia e historia como poucos en Galicia. Un espazo doblemente Santo, onde a auga ten un papel protagonista.
Rematado este percurso interpretado, camiñaremos ata a Vila de Allariz, onde nos agarda un auténtico e tradicional magosto. O rematar, levaremos ós conductores de novo ata o punto de inicio na furgo de Volta Montana.
*Se o que che interesa é Augas Santas, e non podes ou non queres camiñar ata alí, podes aparecer pola túa conta e facer con nós a pequena ruta de 3km interpretada. (O prezo sería o mesmo).
Punto e hora de Encontro: Santa Mariña de Augas Santas ( Ourense ) ás 10.00h. *Non hai bar, hai servizos públicos, pero non garantimos que estean abertos.
*Ubicación google Maps: https://goo.gl/maps/qbywcDR5L7x
Características da ruta, duración e distancia: 4,5 horas e 10 km aproximadamente, con un desnivel de subida acumulado de uns 250m. Os camiños son de terra e pedra, por tanto haberá que extremar as precaucións se está o terreo mollado. Na parte de S.Mariña de Augas Santas faremos ruta interpretada, polo tanto o ritmo aí será máis relaxado.
Recomendacións:
Roupa e Calzado: Obligatorio botas ou zapatos de montaña, con agarre. Bastóns recomendables. A roupa que protexa do frío, gorros, guantes, e cortaventos para a primeira hora do día, xa que en Allariz soe facer bastante frío.
Comida / Bebida: Levade unha mochila con algo de picar como snaks, froitos secos, froita e 1 litro de auga para a ruta.
DETALLES DO MAGOSTO
Chegaremos a zona do magosto ás 15h aproximadamente. Temos preparados chourizos, empanada, pan, viño auga e refrescos. A partir das 17h aprox. comezaremos a facer os primeiros viaxes na furgoneta con conductores para recoller os seus respectivos coches. Ás 18.30h faremos o último viaxe e daremos por finalizada a actividade.
Meteoroloxía: Aínda é cedo, pero todo apunta a que vai estar completamente despexado e non fará moito frío.
Volta Montana se reserva el derecho de cancelar y / o modificar la actividad (horarios, recorridos, etc..) en función del número de inscripciones, de las condiciones meteorológicas o por otra causa de fuerza mayor, avisando siempre previamente a todos los participantes, y reintegrando el 100% del importe de la reserva.
En caso de anulación por parte del cliente, se aplicarán unos gastos de cancelación, que variarán del 10% al 100% en función del tiempo restante al inicio de la actividad. Estos gastos y otros detalles se pueden consultar en las condiciones de contratación.
No te preocupes, sólo usaremos estos datos para comunicarnos contigo en referencia a este viaje.