Prezo 12€ | Distancia 15km | Dificultade media
Ruta de mañá, interpretada por Fran Alonso, de Estela, Arqueoloxía e Patrimonio .
Partiremos da aldea de Donón, para comezar o ascenso ó Facho, ó cumio do Monte onde nos espera o seu antigo castro. Subindo a través dun camiño empedrado, rodeado de petróglifos chegaremos ó cumio. Unha vez arriba, poderemos contemplar un dos xacementos máis espectaculares de Galicia, un antigo santuario que domina a Costa da Vela e as Cíes.
Descenderemos para continuar pola costa ata Cabo Home, outro dos puntos singulares da ruta, cos seus faros. Pasaremos pola fermosa praia de Melide, para volver a enlazar coas dunas de Donón, hoxe alonxadas do mar, e onde se daba un curioso viño, o areeiro, en parras prantadas nas dunas.
VOLTA MONTANA resérvase o dereito de CANCELAR a actividade ou modificar os seus horarios en función do número de inscripcións, das condicións meteorolóxicas ou por outras causas de forza maior, avisando sempre previamente a tódolos participantes. Unha vez reservada a praza, esta non se poderá cancelar, salvo por causas de forza maior.
No te preocupes, sólo usaremos estos datos para comunicarnos contigo en referencia a este viaje.