
Fin de semana onde combinaremos senderismo, historia, magostos e viños na fermosa vila de Allariz. Podes escoller entre estas tres opcións:
1. Ruta desde Allariz ata a mítica Santa Mariña de Augas Santas, interpreta por Fran Alonso.
2. A Ruta + Magosto en Allariz
3. A Ruta + Magosto e aloxamento en Allariz
4. A Ruta + Magosto e aloxamento en Allariz + Transporte desde Pontevedra, Vigo e Ourense.
Pola mañá faremos unha ruta circular de 15km, acompañados polos historiador Fran Alonso, que nos levará dende Allariz cara Augas Santas, lugar único de Galicia, onde a tradición e a historia segue viva na paisaxe. Percorreremos antigas carballeiras, igrexas románicas, criptas e saunas castrexas, castros e paraxes singulares. Nun lugar onde cada pedra, cada lugar, ten unha historia que contar, un lugar sacro, onde a historia da primeira martir cristiá galega entronca cos rituais castrexos. Un lugar cunha maxia e historia como poucos en Galicia. Un espazo doblemente Santo, onde a auga ten un papel protagonista.
Partiremos da vila de Allariz, cara a igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, para achegarnos á sauna castrexa de Armeá, así como ó seu castro, recentemente escavado, achegarémonos ós tempos do románico, ó mundo romano, á idade dos castros e máis a dos petróglifos.
Rematado este percurso interpretado, regresaremos á vila de Allariz.
*Se o que che interesa é Augas Santas, e non podes ou non queres camiñar ata alí, podes aparecer pola túa conta e facer con nós a pequena ruta de 3km interpretada polo noso historiador. (O prezo sería o mesmo).
Se escolles a opción de aloxamento, despois da nosa ruta iremos cara Allariz onde te estaremos agardando co lume, os chourizos, o pan e o viño preparado, na contorna de Allariz:
Á noite, se aínda quedan forzas, tamén sairemos a tomar o que se tercie polo casco vello de Allariz, xa que na vila se celebra a Feira de Outono. Despois, cando o corpo o pida, iremos durmir nun aloxamento rural no centro da vila.
O domingo, logo do almorzo na casa rural, faremos unha pequena ruta por Allariz para voltar á casa para o mediodía.
1. Opción Ruta = 15€ por persoa
Ruta desde Allariz ata a mítica Santa Mariña de Augas Santas, interpreta por Fran Alonso. Podes comprar a túa praza nesta mesma páxina.
2. Opción Ruta e Magosto = 22€ por persoa
Ruta e Magosto, con castañas, chourizos, viño, pan, empanada e boa compañía 😉
3. Opción Ruta, Magosto e Aloxamento = 65€ por persoa
Ruta, Magosto (inclúe a comida) e aloxamento rural en Allariz. (Habitacións dobres, inclúe almorzo do domingo). Pídenos información, a compra realizarase a través da axencia de viaxes Celtia Travel.
4. Opción Ruta, Magosto, Aloxamento e Transporte = 85€ por persoa
Ruta + Magosto (inclúe comida) e aloxamento rural en Allariz (Habitacións dobres, inclúe almorzo do domingo) +Transporte desde Pontevedra, Vigo e Ourense. (Pídenos información, a compra realizarase a través da axencia de viaxes Celtia Travel.)
* Opción 1: A comida (magosto)
* Opción 2: Transportes, cea, comida do domingo
* Opción 3: Cea e comida do domingo, xa que voltaremos á casa para a hora de comer.
No te preocupes, sólo usaremos estos datos para comunicarnos contigo en referencia a este viaje.