*** NOTA: Debido a la previsión metereológica nos vemos obligados a posponer esta actividad. Publicaremos próximamente nueva fecha. ***
[mk_fancy_title tag_name=»h2″ style=»true» color=»#393836″ size=»22″ font_weight=»inhert» margin_top=»0″ margin_bottom=»18″ font_family=»none» align=»left»]A ACTIVIDADE[/mk_fancy_title]Ruta Etno-Astronómica polas terras natais de Antón Fraguas, protagonista das Letras Galegas 2019.
O venres 17 de maio, á tardiña, dispoñémonos a facer unha ruta etnográfica e tamén astronómica por terras de Cotobade, onde nacera o homenaxeado nas Letras Galegas 2019, o historiador e xeógrafo Antón Fraguas.
Da man de Emilio Castro, físico e divulgador, levaremos adiante unha serie de pequenos roteiros polo patrimonio etnográfico de Cotobade, e unha observación astronómica nocturna dende unha eira de canastos en Pedre.
Ruta etnográfica por Cotobade.
Nesta ruta etnográfica de dificultade baixa, percorreremos paraxes para coñecer lugares como:
Ao rematar as nosas rutas, teremos tempo para comer algo e repoñer forzas na praia fluvial do lugar de A Chan (parroquia de Rebordelo), a carón do río Almofrei. Cada persoa pode levar a súa propia cea.
Observación astronómica nocturna.
Observación do ceo estrelado dende A Eira Grande en Pedre, un conxunto de 22 horreos de pedra e madeira para gardar o millo, na que coñeceremos o papel de don Antonio Fraguas como estudoso e divulgador da nosa cultura astronómica popular.
Da man súa obra escrita, recollendo a tradición oral popular, achegarémonos ao saber e coñecemento do ceo nocturno dos nosos antergos e aprendermos que son e onde atopar na noite estrelecida constelacións como o Carro ou o Arado, planetas como a estrela Panadeira ou o Luceiro da mañá ou grupiños de estrelas como o Setestrelo ou As Tres Marías.
Entre as 22 e as 23 h poderemos ver esta noite un paso brillante da estación espacial internacional, o planeta Marte e Xúpiter, unha Lúa case chea co telescopio, grupos de estrelas como o Pesebre ou o grande cúmulo de Hercules, e as constelacións (a cometa do Boieiro, a interrogación do León, a Virgo, ou o Cangrexo) e as estrelas brillantes propias do ceo de primavera, como Regulo ou Arturo.
[mk_fancy_title tag_name=»h2″ style=»true» color=»#393836″ size=»22″ font_weight=»inhert» margin_top=»0″ margin_bottom=»18″ font_family=»none» align=»left»]PREZO[/mk_fancy_title]IMPORTANTE: Tende en conta que esta actividade está suxeita a boas condicións atmosféricas para poder realizala, no caso de fortes néboas ou choiva teríamos que cancelala xa que non seríamos quen de facer a observación nocturna, neste caso, propoñeríamola para outro día, dándolle aos participantes a posibilidade de cambiar a data, ou ben devolverlle o diñeiro no caso de non poder asistir na seguinte data.
[/mk_message_box] [mk_message_box type=»comment-message»]IMPORTANTE: Por favor, garda o teléfono do noso guía Pablo na axenda do teu móbil, por se temos que enviarvos algunha información de última hora vía whatsapp. Teléfono para urxencias o mesmo día da ruta: Pablo: 611 47 27 02. Por favor, este teléfono é só para urxencias o día da ruta, para información, dúbidas, e reservas, poñédevos en conctacto a través do email: [email protected]
[/mk_message_box] [mk_message_box type=»comment-message»]Volta Montana se reserva el derecho de cancelar y / o modificar la actividad (horarios, recorridos, etc..) en función del número de inscripciones, de las condiciones meteorológicas o por otra causa de fuerza mayor, avisando siempre previamente a todos los participantes, y reintegrando el 100% del importe de la reserva.
En caso de anulación por parte del cliente, se aplicarán unos gastos de cancelación, que variarán del 10% al 100% en función del tiempo restante al inicio de la actividad. Estos gastos y otros detalles se pueden consultar en las condiciones de contratación.
[/mk_message_box]
No te preocupes, sólo usaremos estos datos para comunicarnos contigo en referencia a este viaje.