Ruta 10km + Picnic + Barco e visita a San Simón = 25€
Interpretada polo historiador Fran Alonso de Estela, Arqueoloxía e Patrimonio
Un percorrido pola historia de Galicia, concentrada nunha illa, dende o seu pasado medieval onde é mencionada nas famosas cantigas de amigo, «Sedia-mi eu na ermida de San Simón e cercaram-mi as ondas que grandes son» ata o seu papel coma principal testemuña da batalla de Rande, no século XVIII. No XIX o seu pasado estará relacionado co mundo da menciña marítima, empregada como lazareto. Xa no XX será un campo de concrentración durante a Guerra Cívil, polo cal pasarían milleiros de represaliados. Durante a visita veremos as edificacións e restos de toda esta rica historia, enmarcada nun entorno natural único como é a ensenada de San Simón.
Ademáis da interesantísima visita á Illa, incluímos unha ruta a pé, pola zona de Cesantes, de uns 10km.
No te preocupes, sólo usaremos estos datos para comunicarnos contigo en referencia a este viaje.