Ruta 7km e visita interpretada a San Simón = 15€ (+10€ de barco)
Interpretada polo historiador Fran Alonso de Estela, Arqueoloxía e Patrimonio
Un percorrido pola historia de Galicia, concentrada nunha illa, dende o seu pasado medieval onde é mencionada nas famosas cantigas de amigo, «Sedia-mi eu na ermida de San Simón e cercaram-mi as ondas que grandes son» ata o seu papel coma principal testemuña da batalla de Rande, no século XVIII. No XIX o seu pasado estará relacionado co mundo da menciña marítima, empregada como lazareto. Xa no XX será un campo de concrentración durante a Guerra Cívil, polo cal pasarían milleiros de represaliados. Durante a visita veremos as edificacións e restos de toda esta rica historia, enmarcada nun entorno natural único como é a ensenada de San Simón.
Ademáis da interesantísima visita á Illa, incluímos unha ruta a pé, pola zona de Redondela duns 7km.
Reserva a tua praza en: [email protected]
Volta Montana se reserva el derecho de CANCELAR la actividad o modificar los horarios en función del número de inscripciones, de las condiciones meteorológicas o por otra causa de fuerza mayor, avisando siempre previamente a todos los participantes. Una vez reservada la plaza, esta no se podrá cancelar, salvo por causa de fuerza mayor.
No te preocupes, sólo usaremos estos datos para comunicarnos contigo en referencia a este viaje.