Presentámosvos a 3ª edición do noso #TrekkingáFeira! Unha maneira diferente de fusionar o que máis nos gusta aos galegos: a nosa natureza e a nosa gastronomía.
Esta vez ímonos de ruta San Amaro e Cenlle (O Ribeiro), aproveitando a celebración do San Trocado, unha romaría moi galega con boa comida, bos gaiteiros e marabillosas vistas ó val do Miño e do Barbantiño.
Faremos unha ruta lineal que rematará na hermida do San Trocado, onde chegaremos ás 13h aprox. Unha vez alí temos a opción de difrutar do viño e pinchos gratis, que ofrece a comisión de festas, ou ben, quen queira rematar a actividade nese punto, pode baixar no furgo da organización ata o punto de inicio.
Tamén pola tarde, quen queira, pode visitar o Parque Arqueolóxico e o Castro de San Cibrao de Las. A entrada ten un custo de 5€ por persoa, e non inclue guía, pero se chegamos ao cupo mínimo de 10, podemos disfrutar dunha interesante visita guiada ao mesmo (previa reserva, avisade se queredes esta opción)
Recuperaremos unha antiga tradición, que consistía en facer a pé os 8km que separa o pobo de Laias da capela do San Trocado, situada a 530m sobre o nivel do mar. Un camiño sempre ascendente, con un desnivel positivo de 400m, que sen dúbida será un pequeno reto para quen se anime a facelo, aínda que para os antigos romeiros seguro que era un agradable paseo.
- Tipo de ruta: Lineal
- Dificultade: media
- Distancia: 8km
- Duración da camiñata 3h
- Duración da actividade: 4h – 8h
- Desnivel acumulado de subida: 400m
HORARIO E PUNTO DE ENCONTRO
PRECIOS
- Precios: 10€ Inclúe IVA, ruta guiada, seguros e transfer ata o punto de inicio ( pulpo e o viño non están incluídos, pero haberá pinchos e viño ofrecidos pola comisión de festas)
- Podes comprar os tickets nesta mesma páxina, abaixo.
- Se tes dificultades para pagar con tarxeta, podes facer a tua reserva no seguinte e-mail: [email protected]
– Inclúe: IVE, ruta e seguros. Algo de viño e uns pinchos
Volta Montana se reserva el derecho de CANCELAR la actividad o modificar los horarios en función del número de inscripciones, de las condiciones meteorológicas o por otra causa de fuerza mayor, avisando siempre previamente a todos los participantes, y devolviendo íntegramente el importe de la reserva. En caso de cancelación por parte del cliente, la reserva es reembolsable al 85%, siempre y cuando dicha cancelación sea comunicada con más de 7 días de antelación. Dentro de los 7 días previos al inicio de la actividad el importe de la reserva no será reembolsable en ningún caso.
No te preocupes, sólo usaremos estos datos para comunicarnos contigo en referencia a este viaje.