Caderno de campo das illas Cíes + Ruta a Pé

31,00

O Caderno de campo das illas Cíes é unha obra que convida a descubrir a fauna e a flora do Parque Nacional das Illas Atlánticas desde a observación e o respecto pola natureza. A través de actividades como o senderismo, é posible facer un turismo sustentable cun baixo impacto ecolóxico e desfrutando da contorna.

Descripción

O Caderno de campo das illas Cíes é unha obra que convida a descubrir a fauna e a flora do Parque Nacional das Illas Atlánticas desde a observación e o respecto pola natureza. A través de actividades como o senderismo, é posible facer un turismo sustentable cun baixo impacto ecolóxico e desfrutando da contorna.

Ofrecémosche un lote que combina a lectura desta obra de José Arcas publicado por Catro Ventos Editora  coa posibilidade de escoller unha das rutas a pé do noso calendario.

Podes consultar un cachiño deste libro en: https://catroventos.gal/wp-content/uploads/2018/08/Caderno-de-campo-das-Illas-Cies-mostra.pdf


Que inclúe

Inclúe un exemplar de Caderno de campo das illas Cíes cun desconto de 1,5 € e unha ruta a pé con Volta Montana cun desconto de 2 €.


Como funciona

Cando merques o teu lote recibirás un código único e intrasferible. Consulta o noso calendario de rutas e, unha vez decidas que ruta queres facer, ponte en contacto con nós no correo reservas@voltamontana.com e dinos o código do teu vale (polo menos con 4 días de antelación) para canxealo por unha reserva.


Condicións do vale da ruta
  • O vale de ruta inclúe guía, seguro de RC e accidentes.
  • O vale de ruta non inclúe comidas e bebidas ou transportes (furgoneta, barcos etc.).
  • Consulta as condicións de contratación e cancelación aquí.
  • O vale de ruta só se poderá canxear unha soa vez. Se o participante non asiste a ruta, o vale considerarase expirado.
  • Suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • O vale de ruta expira o 31-12-2020.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Caderno de campo das illas Cíes + Ruta a Pé”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

0

catro-ventos-lotes-volta-montana_oceanos_vm