Así fue la ruta a Tambo

A Illa de Tambo, no medio da Ría de Pontevedra, foi sempre unha illa misteriosa, unha illa para moitos descoñecida, completamente inaccesible para a maioría dos mortais durante décadas, e non porque estea lonxe da terra (está a 10 minutos en barco de Combarro), senón porque durante máis de 70 anos que o seu acceso estivo completamente restrinxido, en outras palabras, foi unha illa prohibida, (aínda que agora parece que comezan a mudar as cousas….)

Moi pouca xente sabe o que alberga no seu interior. Nin dende terra, nin dende imaxes de satélite  se consegue ver as construcións que temos alí, tan so unha densa cobertura de eucaliptos que rodean a illa, e lle dan un halo de misterio aínda máis intenso.

Detalle do interior do antigo lazareto

Pero ó contrario do que pensa moita xente, Tambo é unha illa inmensamente a nivel patrimonial. No seu interior alberga os restos dun poboado da idade do ferro e de un mosteiro;  un antigo lazareto, maior aínda que o de San Simón; unha capela con buracos de bala; un búnker – polvorín militar…. 

 

Entón, con tanto patrimonio, como é posible que non se pon en valor? Pois ben, a situación non é doada. Para entendelo temos que retroceder ata o ano 1939 cando o Consejo de Ministros aproba que a illa pase a ser adquirida pola Marina para ser usada pola Escuela Naval. Dende ese momento a illa é unha zona reservada a uso militar, onde calquera acceso civil estaba prohibido. A situación muda no 2002, a Armada, abandona a illa, e esta entra nunha especie de limbo, permitindo o acceso civil en contadas ocasións, e sempre baixo o permiso da Escola Naval Militar .

Interior das instalacións militares

Este ano, despois de tantos anos de veto, podemos visitar Tambo de novo grazas a que a Escola Naval Militar e o Concello de Poio, chegaron a un acordo para permitir as visitas á illa. Isto foi posible, en parte grazas á labor de asociacións como a Irmandade de Tambo.

Volta Montana, non quería ser menos e xa fixo a primeira visita, o pasado 27 outubro. Queres coñecer o que alberga? bota unha ollada a nosa reportaxe da nosa última visita guiada.

 

 

Detalle dos buracos de balana antigua capela

 

Interior do polvorín, onde gardaban a munición

 

 

As paredes do polvorín, despois de tantos anos abandonado, aínda están perfectamente brancas, impolutas, nin rastro de humidade. Nótase que foi construído para manter a pólvora seca.

 

 

 

O acceso ao polvorín.

 

Depósito de auga, da mina. 

 

 

Os militares aproveitaron algúns das construcións existentes. Un exemplo era esta antiga granxa, adaptada para fins militares.

 

Na zona do merendeiro,  había unha das dunas rampantes máis importantes das Rías Baixas. Hoxe está oculta baixo os piñeiros e eucaliptos.

 

 

 

 

O faro de Tenlo, construído en 1922

Peirao de Tenlo

Peirao principal de Tambo

O sábado  1 de decembro regresamos a Tambo, se nos queres acompañar, podes reservar a tua praza no seguinte enlace:

https://voltamontana.com/event/ruta-rumbo-tambo-2/

 

 

0

Un viaje a tu medida

Si te apetece hacer este viaje por tu cuenta, en pareja, grupo o familia, en otras fechas distintas a las que te proponemos, podemos organizar este viaje, o uno similar para ti.

Cuéntanos a través de este formulario un poquito más sobre ti y lo que necesitas, y te responderemos lo antes posible.

pablo-conde-volta-montana

Pablo Conde

GUÍA DE MONTAÑA Y GUÍA OFICIAL DE GALICIA

Pablo Conde es guía oficial de Galicia, guía TD2 de media montaña, guía del Parque Nacional de las Islas Atlánticas, y guía de kayak. Es quien nos acompaña en la mayoría de nuestras rutas. Guía y topógrafo de profesión y fotógrafo de pasión, Pablo conoce con detalle kilómetro a kilómetro de cada una de las rutas que organizamos, y nos irá contando aquello que nos encontremos, con su particular encanto.

Cristina collazo

GUÍA DE MONTAÑA Y GUÍA OFICIAL DE GALICIA

Cristina es guía oficial de Galicia, técnico deportivo en actividades en la naturaleza y guía del Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Junto con Pablo crea Volta Montana, y es la encargada de programar los planes que Volta te propone cada mes. Con ella podrás visitar lugares como las islas del Parque Nacional, las Sisargas, y rutas que nos hablan sobre historias vividas y etnografía. Le encanta el mar, y siempre te pondrá buena música cuando te lleve de ruta.