Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ruta ambiental nos Ancares

15 diciembre 2018 - 08:00 - 20:00

15,00€ – 38,00€

          

 “Ruta ambiental no entorno dos Ancares: Unha ollada á súa biodiversidade”

Propoñémosvos una bonita ruta na comarca dos Ancares, conca dos ríos Donsal e Navia, da man da nosa compañeira Laura Carquijero, bióloga e intérprete ambiental. Faremos a Ruta do Rio Donsal, PR-G 159, proxecto estrela da asociación CASTAÑO Y NOGAL

Que aprenderemos na ruta:

  • Descubrir as diferentes especies de árbores e arbustos dun bosque autóctono
  • Identificación de sementes e froitos
  • Usos tradicionais e sustentables do bosque autóctono
  • Concienciación e defensa activa do medio ambiente. Recollida de residuos

É unha ruta de día completo, podes aparecer pola túa conta, ou ben montarte na furgo de Volta Montana, que sairá de Pontevedra ben cedo, pasando por Santiago, Melide e Lugo. (A modalidade furgo so ten 8 prazas)

INFORMACIÓN DA RUTA

«Esta Ruta discorre por sub-tramos dunha antiga Vía Romana ou Camiño Real de Castela a Galicia, que se remonta á Idade Media, polas marxes dos Ríos Donsal e do Navia, polos municipios de Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes, unindo tramos de antigos camiños de carro romano, de sendeiros e zonas de servidume pública. A ruta está preto de zonas de Rede Natura e preto tamén da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, a ruta intérnanos en paraxes de gran valor natural e etnográfico. Alternaremos tramos de denso bosque autóctono con camiños abertos pola aba das montaña, transitando por lugares de gran beleza. Ao longo dos sendeiros que percorremos, cruzámonos con soutos de castiñeiros centenarios, fragas de carballos e representantes doutras especies como nogueiras, bidueiros, freixos e faias, aínda que xa, de forma máis illada. A auga é unha constante ao longo de, practicamente, toda a ruta. A senda discorre, na maioría do seu percorrido, paralela a pequenos ríos ou regatos. Esta característica contribúe a construír un biótopo óptimo para albergar unha gran diversidade de especies. Aquí teñen especial protagonismo, o Rego de Souto e o Río Donsal, do que toma nome a ruta.»

DIFICULTADE :
  •   Media-Baixa para quen estea acostumbrado a camiñar en media montaña ou natureza
  •   Media-Alta para quen non teña experiencia en camiñar en media montaña ou natureza
        ***Podedes ver os detalles da ruta no seguinte enlace de wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/prg-159-sendero-quinta-rio-donsal-16731099
DISTANCIA:
  •   Entre 15km e 12km, dependendo das condicións. Ruta lineal, a furgo de Volta Montana recollerá ó final os conductores.

PREZOS

  • 15€ por persoa, aparecendo pola vosa conta (IVA, seguros accidentes e RC, e guías includo)
  • 38€ por persoa, día completo, con transporte dende Pontevedra e Santiago  (IVA, seguros accidentes, RC, transporte e guías incluido) (comida non incluida)

HORARIO, PUNTOS E HORA DE ENCONTRO

Horas e puntos de encontro:  

8.00h Pontevedra (Regreso 20.30h aprox.)

8.50h Santiago (Regreso 19.30h aprox.)

9.40h Guitiriz  (Regreso 19.30h aprox.)

10.20h, Restaurante Fonte da Salud, na Condomiña, na estrada LU-710. Para chegar hai que coller a saída 461 da A6, dirección Navia de Suarna.

*Tempos estimados para chegar: A Coruña 90 minutos / Lugo 30 minutos / Pontevedra 2h 20 minutos

Partiremos do restaurante tódolos coches xuntos en caravana, para non perdernos.  Por iso é moi recomendable chegar con tempo suficiente, para ir o baño e tomar algo. O inicio da ruta está a 20 minutos en coche, e non hai servicios.

Intentaremos como sempre, utilizar os menos coches posibles para REDUCIR a nosa pegada ecolóxica, polo que se poden compartir coches dende ese punto. Finalización ruta 17.30h

 

RECOMENDACIÓNS:

MATERIAL RECOMENDABLE

Imos a unha zona que non está especialmente alta, por tanto non agardamos neve, pero quizáis estea mollado o terreno. O ideal é levar roupa de trekking e roupa cómoda, é dicir, camiseta térmica sintética, forro polar fino e un chuvasqueiro ou chaqueta impermeable. Un pequeno paraugas tamén pode ser recomendable.

O calzado,  levar botas de sendeirismo que sexan cómodas e se teñen membrana impermeable, mellor.

É altamente recomendable levar unha mochila con unha muda (calcetíns, camiseta, calzado, pantalón…) 

COMIDA

A organización non ofrece avituallamiento, por tanto recomendamos levar bocata, snacks, froita e auga (hai fontes) 

PUNTOS DE INTERESE

  • Fonte dos Corzos con pequenas paradas previas para identificar especies polo camiño.
  • Interpretación zona Uriceiras e minicentral. Souto de Valiña
  • Zona do Souto centenario
  • ZONAS DE ESPECIAL ATENCIÓNA ruta pode presentar algúns tramos como a baixada ao Souto de Valiñas, con firme escorregadizo, irregular e con pendientes pronunciadas. É responsabilidade do senderista portar o calzado e útiles necesarios para afrontalos.

*Ademáis das paradas programadas, se farán algunhas improvisadas, dependendo das novidades que nos atopemos.

TRANSPORTE

A furgo de Volta Montana sairá de Pontevedra ben cedo, pasando por Santiago e Guitiriz . Esta modalidade ten prazas  limitadas, 8 persoas.

 

Volta Montana se reserva el derecho de cancelar y / o modificar  la actividad (horarios, recorridos, etc..) en función del número de inscripciones, de las condiciones meteorológicas o por otra causa de fuerza mayor, avisando siempre previamente a todos los participantes, y reintegrando el 100% del importe de la reserva. 
En caso de anulación por parte del cliente, se aplicarán unos gastos de cancelación, que variarán del 10% al 100% en función del tiempo restante al inicio de la actividad. Estos gastos y otros detalles se pueden consultar en las condiciones de contratación.

Quién asiste

16 personas asisten Ruta ambiental nos Ancares

Entradas

Los números presentados abajo incluyen entradas a este evento que ya están en tu carrito. Al pulsar "Adquirir Entradas" podrás editar los datos de los asistentes, así como o cambiar la cantidad de entradas.
Entradas ya no están disponibles

Detalles

Fecha:
15 diciembre 2018
Hora:
08:00 - 20:00
Precio:
15,00€ – 38,00€
Categorías del Evento:
,
Etiquetas del Evento:
, , , , ,
0

Un viaje a tu medida

Si te apetece hacer este viaje por tu cuenta, en pareja, grupo o familia, en otras fechas distintas a las que te proponemos, podemos organizar este viaje, o uno similar para ti.

Cuéntanos a través de este formulario un poquito más sobre ti y lo que necesitas, y te responderemos lo antes posible.

pablo-conde-volta-montana

Pablo Conde

GUÍA DE MONTAÑA Y GUÍA OFICIAL DE GALICIA

Pablo Conde es guía oficial de Galicia, guía TD2 de media montaña, guía del Parque Nacional de las Islas Atlánticas, y guía de kayak. Es quien nos acompaña en la mayoría de nuestras rutas. Guía y topógrafo de profesión y fotógrafo de pasión, Pablo conoce con detalle kilómetro a kilómetro de cada una de las rutas que organizamos, y nos irá contando aquello que nos encontremos, con su particular encanto.

Cristina collazo

GUÍA DE MONTAÑA Y GUÍA OFICIAL DE GALICIA

Cristina es guía oficial de Galicia, técnico deportivo en actividades en la naturaleza y guía del Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Junto con Pablo crea Volta Montana, y es la encargada de programar los planes que Volta te propone cada mes. Con ella podrás visitar lugares como las islas del Parque Nacional, las Sisargas, y rutas que nos hablan sobre historias vividas y etnografía. Le encanta el mar, y siempre te pondrá buena música cuando te lleve de ruta.