Ruta nas Cíes con José Arcas, autor do Caderno de Campo das illas

O pasado domingo fixemos unha singular expedición de observación de aves ás illas Cíes. Percorremos dunha maneira moi especial este arquipélago cheo de biodiversidade da man do biólogo José Arcas e o seu libro Caderno de campo das illas Cíes.  J. Arcas é doutor en Ciencias Biolóxicas. Na súa vida traballou en diferentes proxectos de conservación de aves, publicando numerosos artigos científicos e divulgativos. É, ademais, experto en aves silvestres e, en especial, todo un artista autodidacta da natureza.

Aínda que a aventura comezou moito antes, no barco, coa chamada Ruta Marítima, xa nas illas puidemos observar ou escoitar as seguintes especies (nomes en castelán) :

Gaviota patiamarilla , Gaviota reidora , Cormorán moñudo, Alcatraz atlántico , Pardela cenicienta, Petirrojo, Tarabilla Común , Carbonero Común, Herrerillo Común, Paloma Torcaz, Gavilán , Ratonero, Garza Real, Garceta Común, Verderón, Verdecillo, Gorrión Común , Pinzón Vulgar, Urraca, Curruca Rabilarga, Curruca, Cabecinegra e  Gaviota Sombría

Aquí van un par de exemplares que conseguín fotografar:

Paporrubio (galego), Petirrojo europeo (castelán) ,  nome científico : Erithacus rubecula

 

Chasco común (galego); Tarabilla Común (castelán); Saxicola torquatus ( nome científico)

 

Pero non so nos fixamos nas aves, tamén nas pegadas que deixaron na area os pequenos mamíferos, insectos, réptiles e pequenas aves. A ver se conseguides identificar algún nas marcas da seguinte foto:

Unha ruta de observación, e de reparar nos pequenos detalles.

 

Respecto o percorrido, fixémolo en dúas fases: Pola mañá fixemos a Ruta do faro da Porta, a Ruta do faro de Cíes e pola tarde a Ruta do alto do Príncipe.  Nestes longos paseos, a néboa xogou con nós e fixo que nos esforzáramos en imaxinar a paisaxe que agardaba tras ese telón branco.

_dsc4160-38

 

_dsc4116-21

 

Mentres a néboa deixaba entrever a magnitude das illas, observamos unha gran variedade de aves e nos deleitamos co acuario natural, especialmente coa baixamar.

_dsc4306-95

 

 

Durante estes paseos, reflexionaremos sobre o que a nosa presenza supón nun espazo natural coma este e a importancia de que os visitantes teñamos un comportamento respectuoso con este ecosistema.

Xa á tardiña, dende o Alto do Príncipe, o telón branco decidiu retirarse para marabillarnos ca silueta da Illa do Faro e a Illa de San Martiño. Sen dúbida un momento máxico.

 

 

 

 

O xogo de luces, néboas e solpor deu pe a outras bonitas imaxes.

 

 

Todo isto non sería posible sen un grupo tan comprometido como o que tivemos, millóns de grazas, tantas coma grans de area ten a Praia de Rodas

 

 O LIBRO
Ademáis, na ruta falamos moito e ben do libro de J. Arcas, que lanzou xunto coa editorial Catro Ventos,  poderás mercar o libro no seguinte enlace “Caderno de campo das Illas Cíes”
Sabela Muñiz

Sabela Muñiz

En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivía un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor. Una olla de algo más vaca que carnero, salpicón las más noches, duelos y quebrantos los sábados, lantejas los viernes, algún palomino de añadidura los domingos, consumían las tres partes de su hacienda.